proxectos

traballos desenvolvidos para outras organizacións e proxectos propios de aopaso


ES-Mentoring

Rede de mentoras para a economía social galega promovida desde a Unión de Cooperativas de Galicia EspazoCoop. aopaso acompaña especificamente nas áreas económico-financeira e organizativa/xestión interna.

RR_dTerritorio

Itinerario de apoio ao emprendemento con impacto na contorna, promovido pola Fundación Roberto Rivas. aopaso impartiu formación no eido da Economía Social e Solidaria, a análise da viabilidade económico-financeira e foi responsable da dinamización dos encontros presenciais do proxecto, centrados no coñecemento do territorio e a promoción do traballo en equipo.

Escuela de Emprendedoras Juana Millán

Itinerario formativo e de acompañamento online dirixido a mulleres, desde a mirada da economía feminista, promovido desde o Grupo Cooperativo Tangente. aopaso impartiu docencia no módulo de análise do mercado.

Dinamización das Aulas de Emprendemento desde a mirada cooperativa

Propostas formativas deseñadas desde aopaso para os IES galegos:

No 2022, traballouse con profesorado e alumnado do IES Fernando Wirtz Suárez da Coruña nunha proposta de promoción da economía feminista, social e solidaria.

En 2023, desenvólvese a proposta piloto pedra,papelEtesoira para o IES da Cañiza, traballando as competencias brandas baixo o fío condutor da creación colectiva e o traballo cooperativo.

Salón de vídeo da conferencia DezaOrienta

DezaOrienta

Programa de orientación e capacitación laboral para a busca de emprego no eido da economía circular e o compromiso coa contorna, no marco do proxecto DezaCircular. Desde aopaso coordinouse DezaOrienta, así como se deseñaron e impartiron as sesións previstas. Desenvolveuse en 2022-2023 como un itinerario de acompañamento maioritariamente online que incluíu accións presenciais para o coñecemento do tecido socioeconómico da comarca do Deza.

ESR no IES Laxeiro de Lalín

Escolas sen Racismo

Escolas sen Racismo é un proxecto de educación para a cidadanía global promovido por ACPP. Desde aopaso dase apoio técnico elaborando a liña de base e avaliación final da proposta.

Liña de base - Mans Unidas

Liña de base e avaliación final do proxecto “Fame Cero” (ODS 2, ODS 5, ODS 12) de Mans Unidas

Mans Unidas executou no curso 2022-2023 un proxecto de educación para a cidadanía global en distintos centros educativos de Galicia. Desde aopaso elaborouse un estudo inicial de liña de base e traballouse na avaliación final da intervención.

Formación consumo consciente en centros educativos

Formación cooperativa e fomento do consumo consciente

Sesións ad hoc dirixidas a centros educativos centradas en aprender de forma participativa ao redor de “outras formas de economía”. Con metodoloxías lúdicas, aopaso diríxese principalmente a alumnado e profesorado de educación secundaria.

Avaliación final cooperación no Barrio Santa Lucía

Avaliación final no barrio Santa Lucía (Santiago, Rep. Dominicana)

A intervención de cooperación internacional da Fundación Balms con Fundación Solidaridad no barrio Santa Lucía en Santiago de Los Caballeros é un dos últimos proxectos onde se traballou desde aopaso elaborando a liña de base e avaliación final de fases previas. Prevese continuar dando apoio cando finalice a execución do proxecto en curso.