Xeración Contrainfo. Fases II e III

Xeración Contrainfo é un proxecto de educación para a cidadanía global promovido pola Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (AGARESO) que busca Promover a co-responsabilidade e dotar de novas capacidades e ferramentas ao alumnado de educación secundaria e superior de Galicia para contrarrestar os discursos do odio desde un enfoque de dereitos. Desde aopaso deuse apoio técnico elaborando a avaliación final da Fase II e estase a traballar na Fase III (en colaboración con Pura Quiteria).

A intervención traballa con centros educativos galegos a través de accións formativas e de sensibilización, na busca de xerar contradiscurso de odio entre as comunidades educativas do IES do Milladoiro, IES de Soutomaior e IES Politécnico de Vigo (na Fase III).