Sementando coeducación desde o rural. Fase I
Sementando coeducación desde o rural é un proxecto de educación para a cidadanía global promovido por Fundación InteRed, que dá continuidade a intervencións previas ao redor dos coidados e a equidade de xénero. Desde aopaso deuse apoio técnico elaborando a liña de base inicial da primeira fase da proposta e xa se está a traballar na avaliación final desta edición.
A intervención traballa con centros educativos do rural galego a través de accións formativas e de sensibilización, na busca de xerar espazos de mobilización social coas comunidades educativas da Baña, Lalín e Trazo.