Proxecto “Regueifando con pracer” (coa Señora Placerful)
O proxecto “Regueifando con pracer: redes feministas de improvisación e coidados” xorde da alianza entre aopaso e a Señora Placerful e construíuse grazas ao apoio e participación de regueifeiras, colectivos de improvisación oral e organizacións feministas do Deza e Redondela. As actividades clave foron unha ruta de obradoiros de “regueifa e pracer” en distintas comarcas galegas, a gravación do documental “Regueifando con Pracer” e a celebración dun evento presencial con mulleres regueifeiras e colectivos de improvisación oral. A intervención estivo cofinanciada polo Instituto das Mulleres do Ministerio de Igualdade no marco da convocatoria de subvencións para o fomento da igualdade entre mulleres e homes a través das prácticas artísticas e a cultura comunitaria.
O proxecto non se pecha
haiche moito que facer
pasaremos toda a vida
regueifando con pracer










