Educación para a saúde con enfoque de xénero en comunidades indígenas de Totonicapán (Guatemala)
Avaliación final do proxecto de cooperación internacional da Fundación Entreculturas con Fundación Fe y Alegría Guatemala Garantizar condiciones para la superación de la brecha educativa provocada por la pandemia COVID-19 en comunidades indígenas de Totonicapán. aopaso desenvolveu un proceso participativo de recollida de aprendizaxes e boas prácticas a partir da mirada das comunidades educativas destinatarias (docentes, nenas/os e familias) e outras axentes clave.
O proxecto significou apoiar especificamente a 11 comunidades indíxenas, con especial atención a nenas e mulleres, desde unha mirada integral que abordou aspectos como a saúde sexual e reprodutiva, a nivelación de aprendizaxes na escola tras a pandemia provocada pola COVID-19 e a mellora de infraestruturas sanitarias nos centros educativos, entre outras.










