Participación política con enfoque de xénero en Santiago Oeste (Rep. Dominicana)

Avaliación final das Fases IV e V deste proxecto de cooperación internacional promovido desde a Fundación Balms en alianza con CIDEL e Fundación Solidaridad, no Distrito Oeste do Sector Cienfuegos (Santiago, República Dominicana). aopaso desenvolve un acompañamento ás ONGD promotoras desde unha mirada global e de proceso, co fin de extraer aprendizaxes e boas prácticas de forma participativa.

O proxecto dá continuidade a varios anos de intervención no barrio Santa Lucía e abre o seu radio de acción ao Distrito Municipal Santiago Oeste, traballando nos eixos de participación política, educación e saúde comunitaria.