Mulleres Bravas
Mulleres Bravas é un proxecto de educación para a cidadanía global promovido por Amigas da Terra e Enxeñería sen Fronteiras que busca promover conexións entre mulleres defensoras do territorio galegas e hondureñas. Desde aopaso dase apoio técnico elaborando a avaliación final da proposta desde hai dúas edicións, facilitando espazos grupais de reflexión e socialización de aprendizaxes.
A intervención traballa en alianza con AGARESO e o Sindicato Labrego Galego para a execución e involucra á USC e UVigo, plataformas en defensa do territorio e a cidadanía xeral en prol da visibilización da problemática social e ambiental que supón o sobreextractivismo a nivel local e global. Faino desde unha perspectiva feminista e decolonial que atravesa toda a intervención.










