Hackers sen Fronteiras. Fase I e II

Hackers sen Fronteiras é un proxecto de educación para a cidadanía global promovido por Enxeñería sen Fronteiras. Desde aopaso deuse apoio técnico elaborando a avaliación final da fase piloto da proposta e estase a traballar na liña de base e avaliación final da Fase II.

A intervención achega as tecnoloxías para o ben común e os dereitos humanos aos centros de educación secundaria galegos, promovendo o traballo en rede entre o profesorado de Tecnoloxía e entre futuras “Mulleres Tecnólogas”.