Galicia Abriga

Galicia Abriga é o primeiro Programa Galego de Acollida Temporal a Mulleres Defensoras de Dereitos Humanos. É unha aposta impulsada por Solidariedade Internacional de Galicia, AGARESO e Ecos do Sur como equipa xestora, da man dunha ampla Rede de Apoio formada por ONGD, universidades e administracións públicas. Galicia Abriga acolle cada ano a 3 defensoras nunha estadía en Galicia na que poden coller folgos e fortalecer alianzas para continuar dando pulo ás loitas polo ben común.

Desde aopaso dá apoio técnico elaborando a avaliación final da proposta desde a súa primeira edición.