Facilitación regueifeira con mirada colectiva

Unha proposta de aopaso para combinar improvisación oral con outras metodoloxías de facilitación grupal. Podemos deseñar a dinamización dunha sesión que inclúa xogos, dinámicas grupais de reflexión e un peche cunha boa sesión de regueifa grupal. A mirada da risa e o desfrute compartido é un éxito sempre. Sen medo ao erro :)

E se a copla non arrinca

ou non che quedou perfecta

non hai por que preocuparse:

tiramos de pandeireta!

Regueifeira: Raquel “a Doallo”.