Escolas sen Racismo

Escolas sen Racismo, para a Paz e o Desenvolvemento é un proxecto de educación para a cidadanía global promovido por ACPP. Desde aopaso dase apoio técnico en cada edición anual, elaborando a liña de base e avaliación final da proposta.

O proxecto traballa no eido da educación regrada, acompañando a alumnado e profesorado de centros educativos galegos no desenvolvemento de accións conectadas a Bo trato e convivencia, Antirracismo e interculturalidade, Equidade de xénero, Diversidades sexuais e Deporte e diversidade funcional.