Enredadas no Cambio
Enredadas no Cambio é un proxecto de educación para a cidadanía global promovido por Fundación Taller de Solidaridad que busca promover conexións entre mulleres emprendedoras residentes en Galicia e emprendedoras de países como Bolivia ou Perú onde a ONGD leva moitos anos traballando a través de propostas de cooperación internacional para o desenvolvemento. Desde aopaso dáse apoio técnico elaborando a avaliación final así como se facilitou un proceso de reflexión conxunta coas tres delegacións da ONGD que, “enredadas” desde outros territorios, comparten estratexia común con mirada de programa.
A intervención traballa ademais con centros educativos galegos, cidadanía xeral e axentes do eido non formal a través de accións formativas e de sensibilización para visibilizar a conexión local-global promovida a través dos intercambios entre emprendedoras.










