Distribución do documental “Regueifando con Pracer”

Dun proxecto a moitas voces / saíu un documental / chama a Placerful e aopaso / se o queres proxectar…

Queredes organizar o visionado do documental “Regueifando con Pracer” e conversar sobre el? Apetécevos un obradoiro de sexualidade e regueifa despois de ver a peli? Ou preferides visionar o documental, facer un coloquio e rematar con festa regueifeira coas protagonistas da peza?

“Regueifando con Pracer” está distribuído por SRA.Placerful e aopaso. Deseñamos actividades que acompañan o documental, que se dirixe a distintos públicos. Botade un ollo ao tráiler do documental e ao dossier de distribución e contactade con nós para saber máis.