Campaña Mundial pola Educación
A Campaña Mundial pola Educación en Galicia é un proxecto de educación para a cidadanía global promovido pola agrupación de varias ONGD: EDUCO, Entreculturas, Taller de Solidaridad e Axuda en Acción. Desde aopaso dase apoio técnico elaborando a avaliación final da intervención desde 2023.
O proxecto céntrase na promoción e defensa do Dereito á Educación, involucrando á infancia e mocidade galegas en accións de incidencia e mobilización social.