Autoemprego cooperativo nas Aulas de Emprendemento

Propostas formativas deseñadas desde aopaso para profesorado e alumnado dos IES galegos.

Algúns exemplos:

Proposta pedra,papelEtesoira co alumnado do IES da Cañiza para traballar as competencias brandas baixo o fío condutor da creación colectiva e o traballo cooperativo.

Autoemprego colectivo co alumnado do IES Laboral de Ourense para coñecer a fórmula cooperativa.

Economía feminista co alumnado do Ciclo Medio de Atención á Dependencia do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces.

Obradoiros co profesorado de Economía, ADE e FOL do IES Fernando Wirtz Suárez da Coruña para proporcionar ferramentas participativas de dinamización na aula desde a mirada da economía feminista, social e solidaria.