Activistas polo Mundo que Queremos
AMQQ é un proxecto de educación para a cidadanía global desenvolvido en equipa por Solidariedade Internacional de Galicia, AGARESO, ACPP e Feitoría Verde. Desde aopaso dase apoio técnico elaborando o diagnóstico inicial e mais a avaliación de cada edición da intervención.
Desde o proxecto trabállase na promoción dunha cidadanía comprometida coa defensa colectiva dos dereitos humanos, utilizando a radio comunitaria e a comunicación como ferramentas de transformación social.