A economía galega: pasado-presente-FUTURO

Un obradoiro formativo pensado para imaxinar a economía galega en clave de futuro. Dirixido a alumnado creativo e con ganas de construír economía social e solidaria.

Duración mínima: 2 horas.

A primeira vez que fixemos este obradoiro foi no IES Marco do Camballón, cun grupo de 25 estudantes de 1º Bacharelato que se puxo na pel de crianzas e mocidade, persoas envellecidas, e outros colectivos invisibles e vulnerables… para imaxinar a sociedade e economía galega do futuro.