Regueifando a economía nos IES
Unha proposta de aopaso coa que improvisamos en verso para construír unha economía ao servizo das persoas:
Ai!, se queres desfrutare
aprendendo economía
proba un pouco a improvisare
rimando coas túas amigas.
Podemos regueifar, entre todas e todos, como parte da metodoloxía dun obradoiro de emprendemento cooperativo, xogando a rimar as ideas clave dunha sesión ou lanzando coplas para cantarlle a todo o IES que estamos a construír “economía ao servizo das persoas”.
Sempre desde a mirada da economía solidaria, feminista e ecolóxica. E sempre na busca de construír espazos lúdicos e inclusivos.
Regueifeira: Raquel “a Doallo”.










