Proyecto “Regueifando con placer” (con la Señora Placerful)

O proxecto “Regueifando con pracer: redes feministas de improvisación e coidados” xorde da alianza entre aopaso e a Señora Placerful e estase a construír grazas ao apoio e participación de regueifeiras, colectivos de improvisación oral e organizacións feministas do Deza e Redondela. As actividades clave son unha ruta de obradoiros de “regueifa e pracer” en distintas comarcas galegas, a gravación dun documental e a celebración dun evento presencial con mulleres regueifeiras e colectivos de improvisación oral. A intervención está cofinanciada polo Ministerio de Igualdade no marco da convocatoria de subvencións para o fomento da igualdade entre mulleres e homes a través das prácticas artísticas e a cultura comunitaria.

Agora que isto comeza
haiche moito que facer
pasaremos 12 meses
regueifando con pracer