que é aopaso
Formación, acompañamento e apoio técnico “al pasito”, como din no Caribe.
aopaso ofrece servizos profesionais desde a economía solidaria e a cidadanía global, deseñados a partir da identificación participativa de necesidades e incorporando unha mirada lúdica e de desfrute.
Propostas construídas con coidado, traballando a ritmos respectuosos para as persoas e o planeta.
para quen
aopaso diríxese a organizacións sen fins lucrativos, administracións públicas, pemes, autónomas e redes de economía social e solidaria; traballando no fomento do cooperativismo, a facilitación grupal (e lúdica: tamén regueifamos!), a elaboración de estudos de diagnose e plans de mellora, e a avaliación do impacto de proxectos sociais.

quen está detrás de aopaso
Somos Raquel e María, amigas e compañeiras de activismo económico desde hai máis de 15 anos.
Raquel Doallo foi socia co-fundadora de Cestola na Cachola, onde traballou como responsable de xestión económico-comercial e consultora de formación de 2013 a 2020, cando se comezou a xestar aopaso como un proxecto de autoemprego independente.
María Atienza traballa no eido da economía solidaria e vaise sumando a aopaso “ao paso”, como experta na área de consultaría social para ONGD.


aopaso nútrese da conexión co tecido socioeconómico galego, especialmente en contornas rurais, redes de economía solidaria e organizacións de educación transformadora e cooperación internacional para o desenvolvemento.
Evolucionamos, como profesionais e como equipa, grazas a involucrarnos con axentes sociais e activistas que loitan por construír un mundo máis xusto.
Con todas elas aspiramos a seguir traballando, dando forma a un proxecto estable e coidadoso para nós e a nosa contorna.


















