que é aopaso

Formación, acompañamento e apoio técnico “al pasito”, como din no Caribe.

aopaso ofrece servizos profesionais desde a economía solidaria e a cidadanía global, deseñados a partir da identificación participativa de necesidades.

Propostas construídas con coidado, traballando a ritmos respectuosos para as persoas e o planeta.

para quen

aopaso diríxese a organizacións sen fins lucrativos, administracións públicas, pemes, autónomas e redes de economía social e solidaria; traballando no fomento do cooperativismo, a facilitación grupal, a elaboración de estudos de diagnose e plans de mellora, e a avaliación do impacto de proxectos sociais.

Mesa nun taller de desenvolvemento local

quen está detrás de aopaso

Somos Raquel e María, amigas e compañeiras de activismo económico desde hai máis de 15 anos.

Raquel Doallo foi socia co-fundadora de Cestola na Cachola, onde traballou como responsable de xestión económico-comercial e consultora de formación de 2013 a 2020, cando se comezou a xestar aopaso como un proxecto de autoemprego independente.

María Atienza traballa no eido da economía solidaria e vaise sumando a aopaso “ao paso”, como experta na área de consultaría social para ONGD.

Foto de Raquel Doallo traballando no ordenador

Muller ourensá-veciña de Lalín, feminista, amante do Entroido e a regueifa… e moi nai de Lois.

Tamén son Licenciada en Economía pola UA, teño formación en Socioloxía e longa experiencia profesional deseñando e dinamizando propostas con metodoloxías participativas, en campos diversos (e complementarios):

  • docencia ao redor da economía, para mocidade e adultas
  • acompañamento a autónomas, pemes e organizacións sociais desde a mirada da economía solidaria e feminista
  • orientación laboral, especialmente para emprender en colectivo
  • avaliación de impacto e investigación social participativa en Galicia e Latinoamérica

Fascíname o poder das persoas en colectivo; coido que por iso me fun achegando á facilitación grupal e… nos últimos tempos namorei da regueifa para cantarlle a unha economía que poña a vida no centro. Actualmente traballo e concilio a tempo completo en aopaso.

Muller compostelá e feminista, tamén un pouco madrileña e moi viaxeira.

Tamén son Licenciada en Administración e Dirección de Empresas pola USC e Mestrado en Xénero e Desenvolvemento pola UCM. Encántame a economía desde un enfoque crítico e transformador e por iso me fun achegando á Economía Social e Solidaria (ESS), primeiro desde a cooperación internacional e logo a través da educación para o desenvolvemento e a cidadanía global, onde conto con ampla formación e experiencia en:

  • economía solidaria e economía feminista
  • ciclo de proxectos de cooperación internacional e educación para a cidadanía global
  • xestión e administración de entidades non lucrativas

Desde 2009 veño traballando en xestión de proxectos no estado español e no exterior en diferentes ONGD e entidades da ESS. Súmome a aopaso para axudar a construír un proxecto de autoemprego colectivo, ao tempo que continúo co meu labor como técnica en REAS Red de Redes.

aopaso nútrese da conexión co tecido socioeconómico galego, especialmente en contornas rurais, redes de economía solidaria e organizacións de educación transformadora e cooperación internacional para o desenvolvemento.

Evolucionamos, como profesionais e como equipa, grazas a involucrarnos con axentes sociais e activistas que loitan por construír un mundo máis xusto.

Con todas elas aspiramos a seguir traballando, dando forma a un proxecto estable e coidadoso para nós e a nosa contorna.

Raquel Doallo traballando

aliadas e redes amigas